BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

venres, 21 de xuño de 2013

XUNTANZA FIN DE CURSO

Rematou o curso e coma sempre despedímolo ao grande: Xogos, Colchonetas, Exposición de Pintura, representación da obra de Roberto Vidal Bolaño, graduación e merenda.
Agradecer a toda a comunidade educativa: Familias, profes, ANPA... O esforzo, implicación para que os nenos/as disfruten deste día tan esperado.
Só hai que mirar para as súas caras. Disfrutade!


Coa música de Adele, Rolling In The Deep.
  Despedímonos ata o vindeiro curso.
FELIZ VERÁN!!!!!!!

martes, 18 de xuño de 2013

UNHA FARTURA DE FROITA!

O longo deste curso o CRA AMENCER, participou no proxecto
"DISTRIBUCIÓN DE FROITAS AOS CENTROS ESCOLARES"
Os obxectivos principais deste proxecto foron:
-Tomar conciencia da importancia dunha dieta saudable.
- Coñecer distintos nomes de froitas
- Fomentar entre o noso alumnado o hábito de comer froita.
- Disfrutar da inxesta de froita como recurso alimenticio.
- Aplicar hábitos de hixiene mentres realizamos a merenda
A experiencia foi moi positiva e tódolos nenos/as alomenos probaron algunha froita, tamén disfrutamos degustándoas e fixemos actividades relacionadas co currículo.



proxecto froitas

luns, 17 de xuño de 2013

Xosé Neira Vilas, entre nós

O 19 de xuño, os CRAS que estamos no proxecto A NUBE, estaremos de xeito  virtual con Xosé  Neira Vilas. Os nenos/as preguntaranlle pola súa vida e obra.

                  

 A escola de San Paio en representación do CRA AMENCER, preguntoulle a D. Xosé Neira Vilas, si el era o protagonista de "Memorias dun neno Labrego", si era Balbino. ....A resposta foi non, de pequeno non eran tan trasno coma Balbino.

xoves, 6 de xuño de 2013

III ANDAINA E CICLOTURISMO

Xa imos pola terceira andaina, os nenos/as de infantil  disfrutaron da beleza do noso entorno de camiño á Beronza, os nenos/as de primaria non disfrutaron tanto da paisaxe, xa que toda a súa concentracíón ía na bici.



III ANDAINA

Unha inesperada actividade, antes de partir para a andaina tivemos unha actuación musical, nada menos que Susa Herrera presentándonos o seu novo traballo.