BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

luns, 13 de xaneiro de 2014

VISITA DO CONSELLEIRO AO CRA AMENCER


O conselleiro achegouse á escola de San Paio para ver de primeira man o funcionamento da escola rural, os nenos e nenas foron os mellores cronistas do traballo diario. Francelos e San Cristovo tamén estiveron presentes a través de video conferencia, que aproveitaron para saudar.
   
                                

O CONSELLEIRO mostrouse moi cercano e os nenos e nenas enseguida colleron confianza, ensinaronlle como entraban na nube, leron a redacción que traían de deberes, cantaron unha canción... Actuaron dunha maneira natural, tal e como son eles.
GRAZAS POLO INTERESE AMOSADO.

                                 


venres, 20 de decembro de 2013

BO NADAL E FELIZ 2014

Co Festival de Nadal damos por rematado este trimestre e comezaremos o 2014 con moita forza.
Felices vacacións a toda a comunidades educativa!!!!!!

                                 

Grazas A Casa da Cultura pola súa colaboración e por este decorado tan orixinal e bonito.



 Festival de Nadal 2013
                                                                  Preme na imaxe

venres, 13 de decembro de 2013

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS

Os gañadores/as do concurso de postais organizado pola ANPA, foron:

Na categoría de INFANTIL:


                                                       AINHOA PÉREZ CANITROT

Na categoría de PRIMARIA:


                                                  DANIELA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ


Noraboa as gañadoras, e Parabéns a tódalas familias pola colaboración.

                                        







xoves, 12 de decembro de 2013

A NUBE TAMÉN GUSTA EN EUROPA

Profesores de varios países europeos a"Rioja" e os catro CRAs que estamos no proxecto da NUBE, convivimos unha xornada no CRA Boqueixón-Vedra, disfrutando do manexo das tecnoloxías polos máis pequenos. 
Europa tamén está interesada polo noso proxecto...