BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

domingo, 9 de febreiro de 2014

XOGADE

O CRA AMENCER, está inscrito no programa: XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS en idade escolar, na modalidade de "CAMPO A TRAVÉS".

O Obxectivo principal desta actividade é: Fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable. Difundir os valores da competición dende unha perspectiva máis regrada. Facilitar a práctica nunha modalidade de gran tradición histórica en Galicia.

O día 23 de xaneiro celebrouse a primeira competición nesta modalidade. Quedando clasificadas dúas alumnas para a fase provincial. Pero o más importante é que tódolos alumnos/as tiveron unha boa e divertida experiencia, así foi como o pasaron.

PREMEDE NAS IMAXES PARA VER MÁIS

PICA NA IMAXE

 PICA NAIMAXE






xoves, 30 de xaneiro de 2014

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Por este día, unha  vez máis as aulas énchense de pombas con boas intencións.
Celebramos o día da Paz en videoconferencia entre as tres escolas, cantando a canción de Juanes, "PAZ, PAZ, PAZ", as aulas estaban moi ambientadas, traballouse con contos e tamén recordamos a NELSON MANDELA

" Podemos cambiar o mundo, e facer un mundo mellor. Está nas túas mans"

                         
                             Escola de San Cristovo

                         
                             Escola de San Paio

                         
                             Escola de Francelos


                         
                             



luns, 13 de xaneiro de 2014

VISITA DO CONSELLEIRO AO CRA AMENCER


O conselleiro achegouse á escola de San Paio para ver de primeira man o funcionamento da escola rural, os nenos e nenas foron os mellores cronistas do traballo diario. Francelos e San Cristovo tamén estiveron presentes a través de video conferencia, que aproveitaron para saudar.
   
                                

O CONSELLEIRO mostrouse moi cercano e os nenos e nenas enseguida colleron confianza, ensinaronlle como entraban na nube, leron a redacción que traían de deberes, cantaron unha canción... Actuaron dunha maneira natural, tal e como son eles.
GRAZAS POLO INTERESE AMOSADO.

                                 


venres, 20 de decembro de 2013

BO NADAL E FELIZ 2014

Co Festival de Nadal damos por rematado este trimestre e comezaremos o 2014 con moita forza.
Felices vacacións a toda a comunidades educativa!!!!!!

                                 

Grazas A Casa da Cultura pola súa colaboración e por este decorado tan orixinal e bonito.



 Festival de Nadal 2013
                                                                  Preme na imaxe