BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

mércores, 20 de maio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015


O 17 de maio non pode faltar un recordo á que foi a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura moderna galega: "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro. Xa que foi o inicio da celebración,  do Día das Letras Galegas, co motivo de homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

 Este é o noso pequeno recordo a esta obra literaria



 Este ano o homenaxeado é:

 XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE


Así traballamos sobre a vida e obra de Xosé Filgueira Valverde, con actividades escritas e online.

Cartel feito no Taller de Rosalía




Escola de San Paio

Escola de San Cristovo

Escola de Francelos



martes, 19 de maio de 2015

SEMANA DA FROITA

Si Unha vez máis a froita en maio é a protagonista das aulas. As actividades vanse sumando, dende montar unha froitería e vender a froita, co obxectivo de manexarse coas moedas, lista de precios, pesadas... matemáticas divertidas con froitas. O sistema solar en froita, relacionado co proxecto que estamos a desenvolver neste trimestre. Contos con froitas ...
                                     

                                     

                                                      
 

 

venres, 15 de maio de 2015

DÍA DA FAMILIA


Celebramos o "día da familia", facendo unha manualidade para agasallar a nosa familia, moi relacionada coa mascota da Biblioteca: A XOANIÑA ROSALÍA



                                     


mércores, 13 de maio de 2015

UN DÍA ADICADO Á CULTURA

Na Casa da Cultura xuntámonos para escoitar unhas lendas populares da voz de Modesto Martínez Carballal, veciño de Francelos, a  "Lenda da Congostra do Trasno" e "Lenda de San Xes". 
 

E logo, xa no auditorio, xunto con outros centros da comarca asistimos a un "Concerto Didáctico", orquestra dos alumnos do conservatorio profesional e a escola municipal de música de Ribadavia.