BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

mércores, 24 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Este foi o cartel que fixemos para conmemorar o "Día de Roslía"
Preme na imaxe para ver máis actividades na biblioteca.

http://www.edu.xunta.es/centros/craamencer/node/184

mércores, 17 de febreiro de 2016

UNHA XORNADA MOI CULTURAL!

Así foi o luns 15 de febreiro, collimos o autobús para disfrutar da obra de teatro que ofrece Afundación, Obra social ABANCA, para escolares: 
"Aurora"
<É a historia dunha curuxa á que lle gusta máis a noite que o día. Cando escurece voa feliz, axita as ás e asubía coma o vento. Mais ao amencer, énchese de tristura. O sol queima a súa plumaxe e cega os seus ollos. O Aviador vai tentalo todo para axudala, mais... será posible vivir nun mundo sen sol?>



    Xa, no pazo de Vilamarín disfrutamos da exposición, Xaime Quessada, pintor que estamos traballando nas escolas.


                                    

"La pintura es una ventana abierta al mundo"
Xaime Quessada


Na clase de plástica, os nenos/as fixeron a súa interpretaciòn da obra de Quessada. Utilizaron diferentes técnicas, como o soplado.






sábado, 6 de febreiro de 2016

ENTROIDO 2016

Despois de toda a semana ás ordes do MECO, chegou o venres, para disfrutar en Francelos co pasarrúas e rematar no local social da Fontiña Mariña, cunha merenda onde non faltaron os postres típicos do entroido.
O disfraz deste ano estivo inspirado no lema "TODOS VIVIMOS DO SOLO", que forma parte do proxecto que estamos a desenvolver en  Voz Natura.




entroido 2016 -


Tamén coreografiamos a canción "Madre Tierra" de Chayanne. 

venres, 29 de xaneiro de 2016

OS MANDADOS DO MECO

Este entroido, o MECO, quere ensinar,
 que o solo hai que respectar.
As árbores, plantas, bechos e nós.
do solo témonos que alimentar.
Non Contaminar
Reciclar,
Reutilizar...

"Todos vivimos do solo"

Comezamos a semana cos mandadiños do MECO.