O CRA AMENCER, participa este curso nun proxecto para concienciar ao alumnado e as familias da importancia dunha alimentación sa e equilibrada, para así previr a obesidade infantil. A través da actividade "As nosas Comidas", é como pretendemos chegar a todos vós.
Este foi o resultado das achegas proporcionadas polas familias, que o venres 29 de abril, Maite (a profe de EF), expuxo nunha xuntanza en Santiago, dentro do Plan Xermoliño.
CONCLUSIÓN:
Se san queres medrar, máis froita e verdura tes que tomar!
