BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

luns, 19 de decembro de 2016

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Non pode rematar o ano sen facer o noso pequeno homenaxe ao escritor galego "AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ". Foi un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infnatil e xuvenil, en Galicia e no resto de España. Os seus libros escritos en galego, tradúcense a outras linguas como o inglés, castelán, eusquera, coreano, portugúes, francés, árabe e italiano.

PREME NA IMAXE PARA VER OS NOSOS TRABALLOS SOBRE O ESCRITOR

http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/node/251


" A literatura ten que conquistar o corazón"

venres, 9 de decembro de 2016

CONCURSO POSTAIS DE NADAL!

O xurado que representa a ANPA, tendo que tomar unha decisión tan complicada, selecciónou como gañadoras o traballo de:
NEREA LÓPEZ AREDA (INFANTIL)
YULISA VILLAR MAROTO (PRIMARIA)



 NEREA LÓPEZ AREDA

YULISA VILLAR MAROTO

xoves, 24 de novembro de 2016

CONCURSO CONSTITUCIÓN

Este ano no CRA AMENCER, temos gañadoras do concurso: "Constitución Española". 


Noraboa ás gañadoras, e a todos e todas que participaron!

Recordade que  o importante é participar. 

RECOLLIDA DE PREMIOS

Estes foron os traballos merecedores de premio.

Así foi o acto institucional da entrega de premios no Auditorio Municipal de Ourense.



venres, 11 de novembro de 2016

MAGOSTO 2016

A festa do magosto é a primeira xuntanza que temos as escolas. Este ano celebrámolo o propio día de San Martiño, 11 de novembro, na escola de San Cristovo. 
A xornada foi moi completa con moitos xogos e talleres alternativos: Taller creativo de reciclaxe, decoración de macetas, carreiras de sacos, xogos populares (o peón, chapas), circuito de habilidades, Eat Chestnuts, recitado de refráns sobre a festa do magosto, Canción "Mira ben" (sobre o outono), destacar a actividade proposta polo concello sobre a plantación dunha castaña en macetas, coa intención de reforestar unha árbore autóctona na primavera, (observaremos o proceso de crecemento nas escolas). 
E como tódolos anos nos faltou a fogata, chourizos e castañas asadas.
Tamén contamos co acompañamento da concelleira de Cultura e Medio Ambiente. 
Cremos que o pasou moi ben,
e nós tamén.