BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

xoves, 24 de maio de 2012

ROTEIRO POLO NOSO ENTORNO RIBADAVIA

O roteiro por Ribadavia foi o punto final dun pequeno proxecto que iniciamos nas aulas sobre a súa vila a idade no medievo, os castelos...
Este percorrido pola cultura e arquitectura de Ribadavia foi un éxito porque os nenos/as coñeceron o seu entorno a través do descubrimento, interpretación de mapas, xogos dinámicos e de pistas que lles ían amosando o que precisaban aprender.







roteiro -

Tamén vos amosaremos as fotos que os nenos/as de primaria fixeron ao seu entorno.

ALIMENTACIÓN SA

O CRA AMENCER, quere contribuir a concienciar ás familias da necesidade de introducir na dieta dos pequenos, alimentos saudables, para previr posibles enfermidades.
Así o facemos dunha maneira divertida:
1º Aprender coa PIRAMIDE DOS ALIMENTOS, que alimentos deben comerse tódolos días e cales de vez en cando.
2º Comprobar o éxito que ten a froita cando lla presentamos de a xeito divertido: ESPETO DE FROITAS, con chocolate ou con azucre e canela. Que rico!, non deixaron nada.
3º Visitar a PRAZA DE ABASTOS  de Ribadavia, para ver onde se venden esos alimentos tan saudables.

alimentación sa -



Os alumnos/as de primaria Francelos tamén contribuíron a promocionar a alimentación sá, cun riquísimo xeado de amorodo, o máxico foi que non utilizaron a neveira. Aquí tedes tódolos detalles

 

xeado de amorodo -

xoves, 17 de maio de 2012

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O CRA AMENCER, celebrará a semana das LETRAS GALEGAS dende o 9 ao 17 de maio, adicado este ano a:
 VALENTIN PAZ ANDRADE.
premede na imaxe


Para saber máis sobre VALETÍN PAZ ANDRADE entrade en webs de interese LETRAS GALEGAS 2012.
............................................................................................................
Poema musicado de PAZ ANDRADE:


....................................................................................................................................................................
CICLO DE CINE EN GALEGO, na semana do 14 ao 16 de maio, ás 12:30 h, proxectaranse as películas:
- Para Infantil:
"Alistán o demo Oveiro"
"Cuxa, Cuxa"
"O Sapo e o Raposo"
- Para Primaria:
"O espía que xurdiu do fillo espía"
"Lelo e as estacións"
"O diario de Berto" 
...................................................................................................................................................................

O lema deste ano é:

"MÓLLATE CO GALEGO"

E para mollarnos co GALEGO e non coa chuvia decoramos estos chuvasqueiros.

FRANCELOS PRIMARIA.


MÓLLATE CO GALEGO
SAN PAIO


MÓLLATE CO GALEGO

domingo, 13 de maio de 2012

MAIOS EN LEIRO

Este fin de semana a ANPA do Cra Amencer, estivo moi atareada elaborando o maio tradicional:
"LEDICIA INFANTIL", para participar no concurso de maios en Leiro. Grazas ao  esforzo e traballo en equipo das familias conseguiuse o 2º premio. Parabéns, xa temos media colchoneta para o curso que ven.



Coas coplas non houbo tanta sorte, aínda que as entonamos moi ben.

maios en Leiro






XORNAL ESCOLAR.- LA REGIÓN