Xa
está aquí o NADAL e os nenos e nenas do CRA AMENCER agardan impacientes a
chegada das vacacións, e con elas todo o que eso implica nestas datas (Papá
Noel, as súas maxestades de Oriente…). Ademais de vestir de festa as nosas tres
escolas, quixemos despedir este primeiro trimestre do curso cun festival na CASA
DA CULTURA de Ribadavia, coa presenza das familias. Desexamos que o público
disfrutara tanto coma o profesorado e os cativos, xa que detrás quedan ratiños
de ensaios e dedicación agarimosa para que todo saíra o mellor posible.
AGRADECEMOS moito
o detalle da ANPA quen nos convidou a unha chocolatada, que puxo o punto e final “doce” a unha xornada
diferente e familiar, Tamén ao concello por colaborar, enviándonos os caramelos que tanto lles gustan aos nenos/as.
Dende a CARRILANA lanzamos esta mensaxe empaquetada con sorriso, apertas e moita ilusión…
DESEXAMOS QUE A LEDICIA COA QUE VIVEN OS CATIVOS O NADAL, ESTÉ PRESENTE EN CADA UN DOS VOSOS DÍAS DO ANO NOVO 2013, QUE A PIQUES ESTÁ DE CHAMAR AS NOSAS PORTAS,…
CON CARIÑO...……
O CRA AMENCER
PUBLICADO NO XORNAL "LA REGIÓN" DOMINGO 16 DE DECEMBRO DE 2012
O mércores 31 de outubro disfrutamos nas nosas escolas do SAMAÍN, unha festa popular galega, que se remonta a séculos atrás candoOs celtas, antigos habitantes de Galicia, adoraban a moitos deuses que representaban tanto ás forzas da natureza coma ás condicións do espírito. Por isto, as súas festas coincidían con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios. A súa festa principal era o Samaín (Cho-ouinn), que significa o final do bo tempo, e comezaban a súa celebración o 1 de novembro. Nela, os celtas poñían unhas luciñas no interior das caveiras dos inimigos mortos e colocábanas nas cruces dos camiños para que protexeran aos habitantes do lugar de visitas perturbadoras: tal era o medoque tiñan ao Outromundo!!
Nós fixemos a nosa festa particular asistindo disrazados ao cole, dende arañas, gatiñosata demos e como non as temidas meigas." A Meiga Peluxa", amiga dos nenos, que se achegou ás tres escolas do CRA, ante o asombro e risas dalgúns e o lóxico susto doutros, e rematou coa diversión do baile dos “ESQUELETOS” coa vasoira incluida…já, já, já, já!!!
A nosa teacher de Inglés, encargouse de facer os murais alusivos o HALLOWEEN, nos que tiveron cabida morcegos, pantasmas, caveiras e ata o mismísimo “Bob Esponxa”.
E xa como colofón final queremos facer unha especial mención a exposición de cabazas, que foi posible grazas a colaboración das familias, que conseguiron adornar a escola de SAN PAIO, de SAN CRISTOVO e de FRANCELOS, coas cabazas que os nenos/as trouxeron con moito orgullo, vaia que non faltou detalle.
O mércores 24 de outubro o CRA AMNECER fixemos unha saída o auditorio de Ourense, para disfrutar dun concerto cheo de máxia e de imaxinación, onde puidemos comprobar que desde o golpe rítmico dun martelo ata o rumor do vento, todo o que nos rodea crea un fondo “musical”, que nos acompaña ao longo do día.
O COLECCIONISTA DE PAISAXES que así se titulaba a obra, acompañado de cinco formidables músicos, capturaba cos seus sentidos imaxes e sons, conseguindo espertar o noso interese polo arte pictórico e musical, a través de danzas, malabares, sombras chinesas, cancións e moitas outras sorpresas...
A segunda parte da nosa saída, consistiu nunha visita ás instalacións deportivas do Campus Universitario da capital, onde moi gustosamente fomos recibidos por dous monitores amigos, que organizaron xogos para os nosos alumnos e alumnas, un espazo ideal para liberar enerxía…