Co motivo da celebración das "Letras Galegas", o día 16 de maio, desprazámonos a Astariz para pasar un día de convivencia cos nenos/as e profesorado do CEIP de Castrelo de Miño.
Xogos, actividades culturais como o recitado de poemas de Xosé María Díaz Castro, representacións do conto "Cerca" da ed. Kalandraka, Cancións do noso folklore " A Santiago Vou...", música con instrumento (frauta)... entre outras. Realización dunha alfombra floral e non podía faltar unha merenda para repoñer forzas.
Para o curso que vén repetimos!!!!