BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

sábado, 17 de maio de 2014

VISITAS INESPERADAS

Calquer entorno é propio para facer unha lectura e lugar de aprendizaxe, así lles pasou aos nenos/ as da escola de San Cristovo, cuando apareceu a policía, mentres eles estaban lendo un conto no campo preto da escola.
A policía estaba facendo o seu traballo, vixiar o río. Todos/as, moi atentos aprenderon unha lección de cidadanía.
Grazas pola vosa ensinanza !

                                           

Tamén na escola de Francelos infantil, Ainhoa, quixo compartir cos seus compañeiros/as o  nacemento dos seus cadeliños.
A tenrura encheu a aula!!!